Compostela, 26 de marzo do 2021 – O grupo de artistas de Compostela denuncian que a normativa provisional do concello equivale a pedir esmola con licenza.
Artistas de Compostela ven con satisfacción a oportunidade de volver as rúas pero denuncian que “a concellaría de Mobilidade continúa sendo opaca e misteriosa coa elaboración da norma definitivas para as nosas actividades. Seguimos sen poder reunirnos co concelleiro desde novembro de 2020, a pesares das numerosas peticións”.
O colectivo considera que a normativa provisional realizouse sen contar cos principais protagonistas e prexudica de xeito directo a pintores, músicos e outros artistas. Explican que a regra presenta medidas moi restritivas que non teñen que ver coa pandemia. Engaden que algunhas delas chegan a impedir na práctica o normal exercicio das actividades.
No comunicado considerase que varios epígrafes son humillantes e ofensivos cara os traballadores culturais “que por certo, cabe recordar, que levamos décadas traballando en Santiago de forma non regulada e sen poder legalizarnos como vendedores ambulantes; situación alegal permitida e promocionada polo Concello de Santiago”.
Os artistas levaron a cuestión ante a Valedora do Pobo, que se interesou polo problema, e pedirán a dimisión do concelleiro se non se chega a un acordo.
Enlace a la noticia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario