As medalleiras de Santiago, vendedoras históricas desprazadas do centro da cidade
Este colectivo de vendedoras mantén unha protesta indefinida cada martes fronte a Casa do Concello.
"En 2021, os artistas de rúa e medalleiras fomos expulsados das nosas históricas localizacións a outros lugares con menos tránsito de viandantes. Como se veu denunciando nos pasados meses, as novas localizacións xeráronnos un enorme prexuízo económico", recolle o colectivo.
Así mesmo, denuncian unha "clara discriminación" con respecto a outras actividades "máis perniciosas para a zona monumental" que se localizan en lugares prohibidos para eles, como os trens turísticos e o aparcadoiro de coches na Praza do Obradoiro, "enormes terrazas que ocupan media Praza da Quintana" ou "indixentes e esmoleiros" na cidade histórica.
14/may2022 - Galicia Confidencial,
Enlace a la noticia:
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/198243-vdeo-medalleiras-santiago-vendedoras-historicas-desprazadas-centro-cidade

No hay comentarios:
Publicar un comentario